O Caderno 'Producir' reflexiona sobre a especialización na sanidade

No novo número do Caderno Producir, que acompaña ao teu Nós Diario deste sábado, atoparás unha análise sobre a situación económica da Mariña, unha reflexión sobre a necesidade de que haxa unha especialización intelixente na sanidade e unha entrevista ao coordinador editorial de Laiovento
Capa Caderno Produzir 18/06/2020
photo_camera Imaxe da reportaxe central do caderno (Foto: Nós Diario)

A veciñanza da Mariña non ten só a ameaza da pandemia enriba. O anuncio do peche da factoría de Alcoa en San Cibrao e os límites ao sector pesqueiro (moi importante para o tecido produtivo da comarca) poñen contra as cordas a economía local.

Por se fose pouco, a Covid-19 veu engadir problemas reducindo o traballo do sector servizos. Doutro modo, este estaría a traballar arreo porque no estío a poboación dos concellos costeiros aumenta moito.

De toda esta historia case de terror fala  'A crise cébase coa Mariña' da capa do Caderno Producir, que sae este sábado á rúa co teu Nós Diario de sempre.

O espazo compártese coa nova dos 'Arrendamentos excesivos' porque xa se adica o 29% do salario ao alugueiro dunha vivenda. Xacobe Ferreiro asina o artigo 'Non somos todos' no apartado 'Forza motriz'.A sección 'Saber facer' está reservada, nesta ocasión, á reportaxe 'A especialización intelixente no sector sanitario' de Iago Santos Castrovieja. No 'Pé a terra' o profesor da Facultade de Económicas da USC, Gonzalo Rodríguez, reflexiona sobre 'Os rotos do IEO', é dicir, do Instituto Español de Oceanografía.

Na contracapa atoparás o 'Selfie' de Afonso Ribas Fraga, o coordinador editorial de Laiovento. Para rematar, a área 'Quen fai que' inclúe as novidades sobre o ex ministro grego Yannis Varoufakis, o conselleiro executivo de Alcoa, Roy Harvey e unha protesta da CIG contra as políticas do Goberno de España.

Suplementos diarios de carácter temático

Coñecer’, ‘Aprender’, ‘Xogar’, ‘Gozar’ e ‘Producir’ publicaranse de terzas feiras a sábados co diario para ampliar a información relativa a patrimonio, historia, arte, ciencia, educación ambiental, ensino, actividade física, gastronomía, enoloxía, viaxes, sectores produtivos e iniciativas empresariais, entre outros. Unha aposta de Nós Diario no marco da celebración dos seus cen primeiros números en papel.

(Podes ler os artigos do suplemento Producir, en Nós Diario, á venda no quiosque ou na nosa loxa)

Comentarios