As previsións de recortes da Unión Europea tamén son protagonistas

O caderno 'Producir' analiza os próximos retos da economía galega

No novo número do suplemento 'Produzir', que atoparás mañá nos quiosques ou na loja dixital acompañando o Nós Diario, poderás ler unha profunda reflexión de por onde deben camiñar os sectores productivos da Galiza. Alcoa, a Unión Europea, Luis de Guindos e a adega Condes de Albarei son outros dos  protagonistas da semana
Capa do Caderno Produzir 11/07/2020
photo_camera Capa do Caderno Produzir 11/07/2020

Sae a rúa un novo número do caderno ‘Produzir’. O suplemento, que acompaña Nós diario, ten como tema central no ‘Saber facer’ unha análise das necesidades para reactivar a economía galega nos próximos anos.

Aleixo Vilas asina “Ideas para reactivar Galiza” na que fala das promesas do PP e doutros partidos nesta precampaña e reflexiona sobre un “dos buracos” dos mandatos de Feixoo na Xunta: “O I+D”. Fálase de pesca, de banca, de enerxía... e de reorientar o modelo productivo.

A capa abre co tema “A UE non cambia de guión” de Lucía Rodríguez. O artigo explica que Bruxelas volverá a impulsar as iniciativas da gran recesión. Pola súa banda, Xacobe Ferreiro advirte de que o vicepresidente do Banco Central Europeo, Luis de Guindos, xa avisou de que haberá recortes.

Poderás ler os artigos ao completo este sábado no suplemento. Estará a venda nos quiosques, librarías, tendas, gasolineiras ou na loja online. Tamén estará dispoñible na rede a partir de mañá.

A intensa axenda das empresas

O 'Selfie' deste caderno ocúpao a presidenta da adega Condes de Albarei, María Dolores Calvo. 'Quen fai que' conta o decorrer da semana para os empresarios Roberto Tojeiro (Gadisa) e Juan Carlos Escotet (Abanca).

Tamén hai un espazo para o cadro de persoal de Alcoa na Mariña e as súas protestas laborais.

Os artigos de opinión ‘Forza motriz’ e “Pé a terra” abordan como a enerxía e o capitalismo. Encárganse deles María Cadaval e o economista Manoel Barbeitos, respectivamente.

Suplementos temáticos diarios

Coñecer’, ‘Aprender’, ‘Xogar’, ‘Gozar’ e ‘Producir’ publicaranse de terzas feiras a sábados co diario para ampliar a información relativa a patrimonio, historia, arte, ciencia, educación ambiental, ensino, actividade física, gastronomía, enoloxía, viaxes, sectores produtivos e iniciativas empresariais, entre outros. Unha aposta de Nós Diario no marco da celebración dos seus cen primeiros números en papel.

Comentarios