Un de cada tres fogares galegos ten as prestacións como única fonte de ingresos

En 31% das familias as prestacións por desemprego, pensións, subsidios… son a única vía de ingresos económicos. A taxa de risco de pobreza opu exclusión social no noso país mantense por riba de 20% da poboación.

Vigo xente
photo_camera Xente nunha céntrica rúa de Vigo.

En 30,8% dos fogares de Galiza o 100% dos seus ingresos dependen das prestacións. Unha de cada tres familias galegas teñen como única fonte de recursos económicos as prestacións, quer por desemprego, quer pensións, quer axudas ou outros subsidios… Unha realidade que acada o seu máximo nivel na provincia de Ourense, onde  é o día a día de 40,7% dos fogares. No outro extremo, A Coruña, onde é 28,1%. 

Para ter conta correcta do que supoñen estas porcentaxes non debemos perder de vista que no noso país 22% dos fogares están constituídos por persoas de 65 anos ou máis, fogares nos que as pensións son a fonte de ingresos.  

Segundo a Estrutura de ingresos dos fogares do IGE correspondente a 2016, a porcentaxe elévase a 43,5% cando nos referimos a fogares de Galiza onde as prestacións supoñen como mínimo a metade dos ingresos nesa familia. Un peso que as sitúa non como un mero complemento senón como un puntal imprescindíbel para a economía familiar. 50,47% dos ingresos dos fogares galegos procede do traballo por conta allea, 10,49% do traballo por conta propia, 36,02% de prestacións e 3,02% restante de rendas e outros ingresos

En 2016 a taxa de risco de pobreza ou exclusión social mantense en galiza por riba de 20%. Baixou 2 puntos a respecto do exercicio anterior mais continúa a afectar unha parte importante da sociedade, dous de cada dez galegos. Entre os menores de 16 anos sitúase en 22,5% e chega 28% entre as persoas dfe 16 a 24 anos.

Comentarios