Bruxelas vaticina que o Estado español seguirá en recesión en 2013 e non cumprirá co obxectivo de déficit

A Comisión Europea prognostica para este ano un déficit público do 6,4 % do PIB e do 6,3 % en 2013, moi por riba dos obxectivos marcados. Tamén apunta a que a taxa de desemprego superará o 25% o vindeiro ano
Comisión Europea
photo_camera Comisión Europea

O déficit público do Estado español non cumprirá nin neste ano nin en 2013 os obxectivos marcados, senón que mesmo superará os límites estabeñlecidos amplamente. Este é o pesimista prognóstico que a Comisión europea fai da economía española, vaticinado tamén que o Estado español seguriá en recesión en 2013. De feito, os cálculos de Bruxelas son que a economía española se contraerá un 1,8 % este ano e que seguirá en recesión en 2013, cando o PIB retrocederá un 0,3 %.

 A UE considera que o desemprego continuará subindo durante os vindeiros dous anos “malia a reforma laboral” e que atinxirá unha taxa de perto do 24,5 por cento de media en 2012 e do 25,1 por cento no exercicio 2013. E o executivo comunitario mesmo apunta que "esta reforma (laboral) provocará probabelmente un medre máis moderado ou mesmo una redución dos salarios e máis caídas no emprego a curto prazo".

Comentarios