O Parlamento europeu rexeita o protocolo de pesca da UE con Mauritania que excluía a frota galega

A Comisión de Pesca da UE rexeitou o protocolo de acordo de pesca acadado pola Unión Europea e Mauritania e que deixaba fóra das augas dese país á frota galega.

Frota cefalopodeira
photo_camera Frota cefalopodeira

@s eurodeputad@s validaron na Comisión de Pesca o informe (elaborado polo deputado canario Gabriel Mato) que defende que as actuais condicións son prexudiciais para o sector e demanda a negociación dun novo convenio.

O texto sostén que as actuais condicións do protocolo non eran beneficiosas nin para a UE nin para Mauritania e aposta por rexeitar o protocolo e que desde Bruxelas se negocie un novo acordo e non que procure modificar o actual.

Sinálase, aliás,que un dos erros deste acordo negociado pola comisaria de Pesca, Maria Damanaki, en nome dos 27, edeixa fóra aos cefalópodos aducindo que os stocks de puolbo non están en bo estado, algo negado pola flota galega, que demandou informes científicos ao respeito.

Satisfacción

A eurodeputada nacionalista, Ana Miranda, cualificou de "moi positivo para a frota cefalopodeira galega" o resultado da votación da Comisión de Pesca da Eurocámara. "O resultado da votación é un claro sinal do Parlamento Europeo a favor dos intereses da nosa frota, o primeiro paso para que a frota cefalopodeira galega volte ao caladoiro de Mauritania", salientou Miranda, tras subliñar a "aplastante maioría" do resultado, con 16 votos a favor, -incluído o do BNG-, fronte a 6 votos en contra e 2 abstencións.

Comentarios