Bruxelas recorta naquelas partidas máis ‘galegas’

A Comisión Europea propón recortes nas axudas agrarias e de cohesión para o período 2021-2027, dúas das políticas que tiñan Galiza como un dos países destinatarios. O impacto da tesoirada preocupa e non se limita ao sector primario. Eis un extracto da reportaxe publicada ao respecto no Sermos Galiza 296.

[Imaxe: Coren]
photo_camera [Imaxe: Coren]

4A Comisión europea anunciou o que moitos auguraban desde había tempo: unha proposta de orzamento para a Unión Europea de 2021 a 2027 na que se contempla un recorte de 5%. Tesoirada que nos Fondos de Cohesión e na PAC -ambos importantes para Galiza- poden ser maiores.


Falta agora o proceso de negociación entre os Estados sobre esta proposta da Comisión. Mais moi poucos consideran que vaia haber cambios significativos nas contas. Nomeadamente porque a proposta de orzamento europeo responde a dúas chaves partilladas por gran parte dos Estados membros: a marcha de Reino Unido implica que cada ano haberá 12.000 millóns de euros menos de fondos (os que se achegaban desde Londres) e o cambio de paradigma polo que a cohesión interterritorial europea pasa a unha segunda orde fronte a uns novos intereses principais: defensa e política de inmigración.

Non só as axudas a gandeiros ou agricultores galegos están en xogo con estes recortes. Desde as reformas de centros de ensino até a construción de barcos, dos cursos de formación para desempregadas a bolsas de estudo, da rehabilitación de patrimonio a accións ambientais ou construción de sendas peonís. Non poucas son as actividades e sectores que se poden ver afectados.

[Podes ler a reportaxe íntegra no número 296 de Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques]

Comentarios