Bruxelas exixe ao naval devolver as axudas concedidas entre 2007 e 2011

A Comisión decidiu por consenso esta cuarta feira considerar "ilegais" as axudas do 'tax-lease', polo que hai que devolvelas. Será o goberno español o que ten que decidir quen devolve estas axudas e a contía a reingresar. A decisión de Bruxelas sitúa na corda bamba máis de 15.000 empregos na Galiza

naval, estaleiro

A Comisión de comisarios da UE decideu finalmente o que máis temía o sector naval: A devolución das axudas do 'tax-lease'. Non desde 2005, senón desde 2007, mais iso non amortece o duro golpe ao sector, un golpe letal, segundo sindicatos e patronal. A decisión tomada en Bruxelas foi por consenso, votando a prol da mesma os comisarios do grupo popular europeo, maioritarios no organismo. 

Se ben o comisario de Industria, o italiano Antonio Tajani, avogaba porque esa devolución fose desde 2009, finalmente cedeu á vontade maioritaria da comisión. 

O goberno español sinalou, unha vez coñecida a decisión, que se reserva o dereito a recurrila perante o Tribunal Europeo de Xustiza  

Polo de agora descoñécese a contía total que deberá ser devolta. Hai voces que falan de máis de dous mil millóns de euros, boa parte dos cales corresponderían pagar ao naval galego. As centrais sindicais advirten que a decisión anunciada pola Comisión supón "o golpe de morte" a un sector estratéxico no noso país, e do que dependen por volta de 15.000 empregos.

Almunia: "O goberno español é quen decide"

En comparecencia de imprensa, o comisario de Competencia, Joaquín Almunia, defendeu a devolución das axudas do 'tax-lease'. Sinalou que estas axudas eran 'ilegais' e que nin estaleiros nin armadores se verán afectados pola devolución.

"O futuro dos estaleiros dependerá do seu potencial innovador e capacidade de atrear clientes. Confío en que o naval español supere en pouco tempo as actuais dificultades", manifestou o comisario.

Almunia dí que é o goberno español a quen lle corresponde decidir quen ten que devolver e canto, así como o xeito en que ha de devolvelo. Pon a pelota, pois, no tellado do executivo español. O comisario da UE mesmo afirmou que é o goberno central quen terá que determinar a contía a devolver por cada un deles.

Sindicatos: "Non fomos defendidos como deberamos"

César Rodríguez, da CIG; considera que a decisión da Comisión impliuca "un dano case que irreparábel" para o naval galego e lamenta que o sector non foi defendido como debera polo goberno español perante as autoridades comunitarias. Nesta liña, Rodríguez considera que o executivo central "foi quen contemplou este sistema (de axudas, o `tax-lease`), polo que debe de ser o goberno quen asuma este custo".

Desde a patronal do metal de Pontevedra, pola súa banda, considérase a decisión da Comisión como unha "discriminación sen parangón" en Europa.

O presidente da Xunta "lamenta que Almunia confirme" unha decisión apoiada polo PP europeo

Núñez Feijóo di que lle solicitou a Soria "recorrer a decisión" do tax-leas no Tribunal de Luxemburgo e que, aliás, o recurso pule pola suspensión dos efectos económicos derivados da decisión europea. 

Feijóo di que Madrid, a Xunta e outros territorios do Estado procurarán a "solución menos mala" para o naval 

Segundo o presidente da Xunta, o executivo español, o goberno galego e outros territorios do Estado "seguirán concretando" unha "folla de ruta" na procura da "solución menos mala" para o futuro do naval galego. Porén, o exectivo galego non insta a Madrid a suspender o cobro aprobado pola UE que deberá ser aplicado polo Estado español. 

Núñez Feijóo bateu de novo contra o comisario do PSOE, Joaquín Almunia, a quen acusou de empregar argumentos que non "eran sólidos" na comparecencia de imprensa após a xuntanza da Comisión. No entanto, o órgano comunitario atópase conformado por 27 comisari@s, a maior parte d@s cales pertencen ao Partido Popular Europeo (PPE). 

Comentarios