Bruxelas dalle as costas a Rajoy e retrasa a recapitalización directa da banca

A Unión Europea aparazou ao 2014 a recapitalización directa das entidades financeiras polo fondo de rescate, avalando deste xeito a proposta alemana e descartando a española, que avogaba por facelo desde principios de xaneiro

A proposta inicial da Comisión europea contaba con que o Banco Central supervisase desde o 1 de xaneiro de 2013 a aquelas entidades financeiras españolas que tivesen recibido axudas europeas. Isto supuña un paso cara a recapitalización directa da banca, algo do agrado do goberno de Mariano Rajoy. Mais esta proposta inicial pode, porén, quedar en papel mollado. Os países integrantes da UE veñen de secundar a idea de Alemania, que considera que é imposíbel que en 2013 o BCE se transforme en supervisor único. E iso supón que a recapitalización directa retrasaríase até 2014.

Deste xeito, os 27 países que integran a UE danlle un un portazo ás aspiracións de Mariano Rajoy. Se ben a decisión final non está adoptada, o feito de que Alemaña, Finalndia e Holanda encabecen a postura de retrso semella apuntar a que esta vai ser a triunfante. Aínda que na xuntanza de xullo o acodado fose que se poría en marcha en 2013, algo que satisfacía ao xecutivo español.

 Retroactividade?

Que consecuencias tería este retraso? En primeiro lugar os socios da UE aínda teñen que decidir se a recapitalización directa será ou non retroactiva. De non selo, o programa español podería ficar á marxe, pois as previsións que se manexan son que finalice a mediados do vindeiro 2013.  

Comentarios