Bruxelas amplía o prazo para solicitar as axudas da PAC até o 15 de xuño

A Comisión Europea autoriza a ampliación do plazo de solicitude das axudas da PAC por un mes, até o 15 de xuño.

Vacas pacendo
photo_camera Vacas pacendo

As agricultoras e gandeiros galegos con dereito a percibir axudas da Política Agraria Común (PAC) disporán dun mes máis de prazo para formalizar as súas solicitudes. 

Así o estabeleceu onte a Comisión Europea a través da autorización aos diferentes Estados membros da Unión Europea para ampliar o período de solicitude de axudas da PAC até 15 de xuño, tal e como solicitaran Italia e, posteriormente, o Estado español como medida de resposta á "difícil situación" que representa o brote de coronavirus no bloque comunitario.

En concreto, o organismo europeo decidiu atrasar un mes, desde o 15 de maio inicialmente previsto, a data límite de presentación, o que segundo o Executivo comunitario "dará ás agricultoras unha maior flexibilidade para completar as súas solicitudes nestes momentos difíciles e sen precedentes".

Como sinalan desde a Comisión Europea, a decisión última de ampliar o prazo de presentación corresponde aos Gobernos nacionais. 

Comentarios