Sermos 225

O Brexit, un mar de incertezas para a pesca galega

Pode o Brexit variar a política pesqueira comunitaria da UE? Pode, si. Como lle afecta o Brexit á frota galega? Descubrímolo nunha reportaxe que publicamos no Sermos Galiza 225, á venda na loxa. Deixamos aquí un extracto.

“Estamos con Europa mais non somos Europa”, dixera Winston Churchill en 1953. Seis décadas despois, o 23 de xuño de 2016, os británicos decidiron en referendo que non só non eran Europa senón que non querían estar “con Europa”. Un dos sectores do Reino Unido que máis pulou a prol do Brexit foi o pesqueiro inglés. Nalgunhas áreas pesqueiras o apoio na consulta a marchar da UE foi do 80%. Na campaña do referendo non faltaron xornais sensacionalistas e armadores ingleses acusando de “piratas” os galegos, cargando contra esa trintena de buques de armadores galegos que faenan con bandeira británica e aos que acusaban de “destruír a nosa industria pesqueira” e “aproveitarse dos nosos recursos”.

pescaGañou a opción de marchar da Unión Europea e iso abre a porta a un novo escenario para Galiza, coas súas vantaxes e os seus inconvenientes para unha frota con intereses en xogo polo Brexit. Non se trata só da trintena de barcos de capital galego con bandeira da ‘Union Jack’. Tamén están os 15 barcos de capital mixto que faenan nas Malvinas e os 66 pesqueiros, con 800 tripulantes, con porto base na Galiza e que traballan en augas británicas.

[A reportaxe íntegra está publicada no Sermos Galiza 225, á venda na nosa loxa]

Comentarios