As bolsas viven a súa segunda xornada negra en dúas semanas: o 'rebote do gato morto'?

A incerteza económica, o baixo prezo do petróleo ou a desaceleración chinesa provocan importantes quedas nas prazas europeas e estadounidense.

bolsa economia

As bolsas viviron esta segunda feira a súa segunda xornada negra en pouco máis de dúas semanas, e ambas as dúas polos mesmos motivos, segundo os expertos: baixo prezo do petróleo (que xa non é un valor seguro) e dúbidas sobre o medre económico. O pasado 20 de xaneiro as prazas europeas caeran máis dun 3%. O IBEX caera un 3,2%, situándose en niveis de xullo de 2013. Esta segunda feira viviuse un escenario semellante. Bolsas como a de Francfort e París baixaron un 3,3% e un 3,17% respectivamente. O 'parket' de Londres caeu un 2,65% e a Bolsa española un 4,4%. Mais o principal desplome foi en Atenas, cun 7,8% de caída. En EUA a xornada comezou con fortes descensos, mitigados finalmente (-1,1%).

Ambas xornadas negras son indicadores que se deben ter moi en conta, indican os expertos, de que algo non vai na economía. Xaneiro foi un dos peores meses desde hai anos nas bolsas europeas. O temor a un parón na economía, o prezo do petróleo, os problemas nas economías emerxentes ou as dúbidas sobre a solidez da recuperación de EUA combínanse para xerar incerteza. Tamén ha problemas no sector bancario europeo. Os valores máis castigados nesta xornada negra foron os europeos. Nun artigo en The Guardian, o Nóbel de Economía Joseph Stiglitz amosábase moi crítico co papel que están a xogar os bancos centrais, favorecendo a economía especulativa.

O temor dos expertos é que estemos perante o que se denomina 'rebote de gato negro' (do inglés dead cat bounce), frase para se referir a cando após unha queda importante orixínase unha suba (que non é sustentábel) e volve se producir unha gran queda.

Comentarios