O BNG demanda que se reanuden os traballos da comisión de investigación das caixas

O voceiro parlamentar d@s nacionalistas, Francisco Jorquera, cre que a Cámara debe tratar tamén a venda de NCG a Banesco "con perda de recursos públicos" e denuncia o escaso crédito que se está concedendo.

Jorquera
photo_camera Jorquera

O BNG solicitou a reanudación inmediata da comisión que investiga no Pazo do Hórreo o acontecido coas caixas de aforro e o sector financeiro galego, ao tempo que demandou a ampliación do seu ámbito de traballo para incluír a venda de NCG Banco a Banesco e a situación do crédito en Galicia.

Nun comunicado, @s nacionalistas ratificaron a presentación de dúas peticións, que asina o voceiro parlamentario, Francisco Jorquera, quen xa avanzara a intención do Bloque de remitir senllas solicitudes, respectivamente, á Presidencia da Cámara e tamén á do propio órgano encargado da investigación.

Paralizado

Así, recordou que as normas de funcionamento da Cámara estabelecían que os traballos debían estar finalizados en xullo de 2013 e que, en cambio, están "paralizados dende hai un ano, unha vez concluídas todas as comparecencias aprobadas no seu día".

Ademais de pedir a reanudación, Jorquera considera que debe ampliarse o ámbito da investigación, toda vez que se produciron "feitos relevantes" como a compra da entidade por parte de Banesco "cunha importante perda de recursos públicos" ou a "negativa evolución" do crédito en Galiza.

Comentarios