CONGRESO

O BNG preguntará en Madrid por que se declarou “sistémica” a Bankia e non a Novagalicia Banco

Fernández Davila pide “explicacións” para coñecer que criterios seguiu o Goberno español para decidir que a única entidade galega poida ser subastada.

Olaia Fernández Davila
photo_camera Olaia Fernández Davila

A portavoz del BNG no Congreso de Madrid, Olaia Fernández Davila, presentou unha pregunta por escrito dirixida ao Goberno para pedir explicacións por “non declarar” a Novagalicia Banco como “sistémica” e para coñecer “que criterios seguiron” para tomar esa decisión, que consideran discriminatoria con Galiza, xa que outros bancos nacionalizados como Bankia -a antiga Caja Madrid- si foron así declarados..

“Novagalicia Banco e Catalunya Banc saírán á venta nun breve período de tempo, mentres que a outra entidade nacionalizada, Bankia, non seguirá mesmo curso porque o Goberno declarouna sistémica", sinala a deputada do BNG, que considera esta decisión “arbitraria” e “carente de obxectividade, posto que NCG é unha entidade sistémica para Galiza”.

Comentarios