BNG pide mellorar condicións dos mariñeiros e Xunta resposta que non lles vai dar "un buque balneario"

Un alto cargo da Consellería do Mar, Juan Maneiro, restou importancia ás propostas para mellorar as condicións dos mariñeiros e afirmou que a Xunta non lles vai enviar “un buque balneario”
Gran sol

A deputada do BNG, Montse Prado vén de formular unha pregunta sobre a situación sociolaboral dos mariñeiros galegos embarcados en buques pesqueiros de sociedades mixtas e demandar do Goberno central medidas para a defensa dos seus dereitos e a súa protección social. Na súa intervención, Prado recoñeceu que a situación destes traballadores é competencia do Estado pero considerou que como “traballadores galegos” a Xunta debe amosar tamén a súa preocupación por estes cidadáns de Galiza.

O altro cargo da Consellería do Mar, Juan Carlos Maneiro, restou importancia as demandas da nacionalista e respondeu que os buques están en función das mareas e da dureza do mar polo que Xunta non lle vai enviar “un buque balneario”.

 "Frivolidade"

A deputada nacionalista cualificou de “dramático” que para o Goberno galego non sexa “prioritario” coñecer e resolver a situación sociolaboral dos mariñeiros galegos e lamentou a “frivolidade” na resposta do responsable da Xunta.

A parlamentaria do BNG explicou que a propia Xunta utiliza dous dos seus barcos gardacostas matriculados en Canarias para pagar menos e manter en “peores condicións laborais” aos seus tripulantes, polo que non lle estrañou a “falta de preocupación” da Administración galega polos buques con bandeira mixta que manteñen aos seus mariñeiros en “condicións sociolaborais penosas”.

 Juan Carlos Maneironegou as “precarias” condicións laborais dos mariñeiros galego e Montse Prado recomendou ao responsable da Xunta consultar co sector e ter en conta as denuncias sobre as condicións laborais dos mariñeiros para non ter que lamentar no futuro problemas de maior envergadura.

Comentarios