O BNG pide que Inditex, Citroën ou Unión Fenosa tributen en Galiza pola actividade xerada no país

Os nacionalistas solicitan que a Xunta  reclame do Goberno central  a plena territorialización do Imposto de Sociedades para que as empresas que operan en Galiza tributen á Facenda galega.

O BNG defenderá no Parlamento galego unha proposición non de lei para solicitar que a Xunta reclame do Goberno do Estado,  “a plena territorialización do Imposto de Sociedades” e que  as empresas galegas tributen na Facenda galega pola actividade xerada en Galiza.

Afirman que dende que entrou en vigor o actual sistema, Galiza deixou de ingresar máis de 1.000 millóns de euros ao ano a respecto do modelo anterior

@s nacionalistas critican que o goberno galego aceitara unha reforma do sistema de financiamento autonómico “que non asegura a suficiencia e a autonomía financeira galega polo que Galiza, dende que entrou en vigor o actual sistema, deixou de ingresar máis de 1.000 millóns de euros ao ano a respecto do sistema anterior”.

O BNG considera relevante incorporar o Imposto de Sociedades  ao sistema de financiamento autonómicvo como acontece en Euskadi onde as empresas devengan este imposto pola parte que corresponde a actividade económica xerada no País Vasco, “incluídas as empresa galegas”, mentres en Galiza empresas con centros de produción como Inditex, Citroën e Unión Fenosa tributan en Madrid.

Comentarios