BNG ocupa unha sucursal de NGB na Mariña en protesta polas preferentes e os desafiuzamentos

A acción simbólica desenvolveuse nunha sucursal da entidade financeira de Ribadeo.A fronte nacionalista da Mariña quixo con ela chamar a atención sobre as consecuencias e implicación dos bancos na crise económica
BNG

Militantes do BNG da Mariña procederon nesta mañá a realizar a ocupación simbólica dunha sucursal de Novagalicia Banco (NGB) en Ribadeo, unha acción para denunciar a implicación do entramado financeiro na crise que golpea milleiros de familias galegas.

Nun comunicado, o BNG sinalou que presentará na Deputación de Lugo e naqueles concellos en que ten representación iniciativas para que esas institucións deixen de traballar "con aquelas entidades bancarias que apoien e executen novos desafiuzamentos".

A fronte nacionalista apunta que "tras a situación de recesión e depresión se agocha a mala praxe dos bancos e a súa irresponsábel política de créditos", ao que engade "estafas como a das participacións preferentes, que deixaron máis de 90.000 galeg@s sen os seus aforros" ou "as indemnizacións millonarias dos ex-directivos das desaparecidas caixas galegas".

Exemplos

Concellos como o de Silleda ou Ares acordaron que non terán conta en bancos que leven a cabo desafiuzamentos d@s veciñ@s, unha iniciativa que se está a debater noutros concellos de Galiza.

Comentarios