O BNG alerta da perda de fondos europeos para Galiza até 2027

O BNG denuncia os recortes para Galiza nos fondos de cohesión que propón o presidente o Consello Europa, para o período 2021-2027 e que serán aprobados esta quinta feira.
dav
photo_camera dav

O BNG vén de denunciar os recortes para Galiza nos fondos de cohesión que propón o presidente do Consello Europeo, Charles Michel, para o período 2021-2027 e que serán aprobados esta quinta feira. A portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda, fixo unha chamada de atención sobre os recortes anunciados, que poden supoñer para Galiza unha baixada de 1.275 millóns de euros. "É un marco financeiro que vai marcar os próximos sete anos", explicou Miranda en rolda de prensa xunto ao deputado no Parlamento galego, Luís Bará.

Ademais da perda de fondos, desde o BNG lembran o baixo nivel de execución do período que comprende os anos 2014-2020. Neste período, Galiza recibiu dos Feader 1.100 millóns de euros, dos que só hai executado un 25%; dos fondos Feader, que se corresponde ao desenvolvemento rural, Galiza recibiu 913,6 millóns, pero a súa execución é 50%; do Fondo Social Europeo, que afecta ao despoboamento e a dependencia, foron 322 millóns os asignados a Galiza, mais só foron gastados 26%.

A portavoz nacionalista en Europa sinalou que aínda existe a posibilidade de que desde o Feader haxa 1% máis para territorios despoboados, de forma que se poderían recibir arredor de 50 millóns máis, polo que as comarcas de Ourense poderían ser as beneficiadas. "Temos que exixir que eses fondos europeos sexan destinados aos territorios máis desprotexidos", engade. 

Bará explicou que entre as razóns destes recortes está o cambio de prioridades dos investimentos, con preponderancia do gasto militar. "Outra razón é a falta de peso político de Galiza nas cuestións que se deciden en Bruxelas e en Madrid" polo que Deputación Permanente. 

Comentarios