O bloqueo dos convenios provinciais do metal afectan a máis de 52.000 traballadores

CIG-Industria convoca manifestación exixindo o desbloqueo e a prol dun convenio galego do sector.

Folga metal de 2007 en Vigo
photo_camera Folga metal de 2007 en Vigo

Delegad@s do sector do metal da CIG mobilizaranse esta ciuarta feira 21 de outubro en Compostela en demanda do desbloqueo das negociacións dos convenios provinciais, caducados, no caso de Lugo e Ourense, desde 2012, e no caso de Pontevedra e A Coruña desde finais de 2014. Así o anunciou o secretario nacional da CIG-Industria, Xoán Xosé Bouzas, quen avanzou que a CIG demandará ademais un convenio galego para unificar as condicións laborais, salariais e sociais de todos os traballadores/as do sector.

Segundo explicou o secretario nacional de CIG-Industria, os convenios do Metal paralizados afectan a máis de 52.000 traballadores (3.500 de Lugo; 4.700 de Ourense; 20.000 da Coruña e 24.000 de Pontevedra) de máis de 10.000 empresas.En palabras de Aboi “ir a un único convenio galego do Metal que permitiría unificar as condicións laborais e salariais dos traballadores/as do sector, para que non haxa discriminación entre uns e outros, e evitar a competencia desleal entre empresas de diferentes provincias onde os salarios son máis baixos”.

Comentarios