Os beneficios de Abanca xustifican que se paralice o ERE en vigor, afirma a CIG

A entidade financeira tivo uns gaños no primeiro semestre de 440 millóns de euros. A CIG considera que non hai razón ningunha para manter o expediente.

Representantes das persoas empregadas de Abanca piden que se paralice a aplicación do ERE en vigor nesta entidade financeira após se coñecer os dados do primeiro semestre de 2014 que indican que houbo uns beneficios de máis de 40 millóns de euros. Sindicatos como a CIG lembran que non hai razóns para seguir cun ERE cando se teñen beneficios e iso despois de recibir 9 mil millóns de euros en axudas públicas.

O vindeiro 6 de outubro decorrerá a xunta de accionistas nas que se vai dar luz verde á absorción do Etcheverría por NGB para se transformar ambos os dous en Abanca.

Comentarios