sábado 24/10/20

Beatriz Mato incorpórase ao renovado consello de Euskaltel

A ex conselleira de Medio Ambiente foi proposta no mes de xullo. Anteriormente, Mato foi fichada pola enerxética Greenalia.
A ex conselleira Beatriz Mato (Nós Diario).
A ex conselleira Beatriz Mato (Nós Diario).

A Xunta Extraordinaria que convoca o consello de administración de Euskaltel nesta terza feira inclúe o nomeamento de Beatriz Mato como conselleira independente.

Mato foi proposta no mes de xullo xunto con Ana García Fau. Ambas as dúas incorpóranse a un consello que poderá ficar reducido a dez integrantes, en caso de que a xunta de accionistas do grupo vasco acepte esta proposta.

A que foi máxima responsábel da Consellaría de Medio Ambiente e candidata á alcaldía da Coruña foi fichada previamente no mes de febreiro por Greenalia.

A proposta da enerxética chegou á súa mesa ás poucas semanas da súa despedida da política.

No caso de Euskaltel, a compañía que adquiriu R valorou que procuraba reforzar o seu "perfil galego" con Mato. 

comentarios