O BCE prolonga até finais de 2017 a compra de débeda

 Mantén o tipo de xuro en 0% e inxectará medio billón de euros adicionais na Eurozona.

BCE
photo_camera BCE

O Banco Central Europeo (BCE) decidiu manter sen cambios o tipo de xuro no 0% e anunciou que manterá o seu programa de estímulos fiscais na Eurozona. A recuperación económica é moi feble e Mario Draghi non quer riscos: informou que o BCE continuará a mercar débeda pública dos diferentes países por valor de 80.000 millóns de euros mensuais até finais do vindeiro mes de marzo para, a partir de abril, re4ducir as adquisicións a 60.000 millóns de euros mensuais.

Esta é a segunda vez que a autoridade monetaria europea prolonga o prazo deste programa. Em Marzo de 2015 comezou a realizar compras de débeda pública dos estados da zona euro a um ritmo de 60 mil millóns de euros mensuais, e que poderían durar até setembro de 2016. Despois, nos primeiros meses deste ano, perante os sinais de febleza da economía europea, a entidade liderada por Mario Draghi non só aumentou o nivel das compras mensais a 80 mil nillóns de euros, senón que prolongou o prazo do programa até marzo de 2017. Agora, o BCE asegura que as compras continuarán até polo menos finais de 2017.

Era unha decisión agardada polos mercados e que indica que os responsábeis do BCE non están convencidos da capacidade da economía europea para saír da zona de risco de deflación.


 


 

Comentarios