O banco mao non consegue compradores para as 1.600 vivendas que ten en Galiza

A falla de interesados levará a Sareb, a xuízo dos expertos, a optar por operacións de venda en lotes con destino a fondos internacionais.

sareb

A Sareb, o banco mao onde foron traspasados os activos tóxicos da banca nacionalizada, está estancada, e ben estancada, en Galiza. Así o di o diario Economía Digital, que afirma que o banco mao mantén unha carteira de máis de 1.600 vivendas no noso país, “cifra similar á que recibiu tras o traspaso de activos”.

Estes inmobles estarían a ter un efecto negativo no mercado, pois son moitos e “os prezos á baixa que estabelece o banco malo, para desatascar os seus activos acaban marcando a pauta do sector”, subliña ED.

Ora si, malia que o prezo da vivenda en 2012 caeu segundo os datos oficiais a niveis de 2001, as vendas non flúen.”A Sareb non logra cadrar os números de vendas. Colocou até outubro 4.500 vivendas, só un 60% das que esperaba vender este ano a pesar de acordar liñas de financiamento con nove entidades bancarias. Necesita vender 3.000 máis até final de ano para cumprir co seu plan de negocio”, engade Economía Digital.

Lotes

O banco mao ten por volta de 440 terreos en Galiza, aínda que non aclara a súa extensión. E comercializa tres solares na provincia da Coruña que suman preto de 30.000 metros cadrados. Ante o difícil do escenario, a Saceb estaría a apostar por vender lotes de vivendas en Galiza, tentando así atraer a fondos internacionais.

Comentarios