Banco Gallego fechou o exercicio de 2011 cunhas perdas superiores aos 24 millóns de euros

Banco Gallego, entidade financeira controlada nun 49 por cento por Novagalicia Banco (NGB) fechou o exercicio de 2011 con perdas por valor de 24 millóns e medio de euros. Así se recolle no informe remitido á Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV)

"En 2010, o saldo do Banco Gallego fora positivo, pois fechou o exercicio cunhas ganancias de nove millóns e medio de euros"

En 2010, o saldo do Banco Gallego fora positivo, pois pechou o exercicio cunhas ganancias de nove millóns e medio de euros.

O cadro de persoal actual do Banco Gallego é de 864 empregad@s, o que supón unha redución do 6 por cento a respecto do 2010, cando era de 920 persoas.

Comentarios