O banco estadounidense PacWest afunde 50%

Wester Alliance derrúbase máis de 18% e Comerica, 7%.

Oficinas do banco PacWest en Beverly Hills, California, EUA. (Foto: JHVEPhoto)
photo_camera Oficinas do banco PacWest en Beverly Hills, California, EUA. (Foto: JHVEPhoto)

As accións de PacWest Bancorp afundiron 50% na sesión de Wall Street (cegando a caer 52% no ‘after hours’) despois de que a entidade confirmara que contempla “opcións estratéxicas” para asegurar o seu futuro.

O mercado de valores considera que será o seguinte banco estadounidense en caer, despois de que o First Republic Bank fora adquirido por JP Morgan hai poucos días.

Outros bancos pequenos rexionais dos Estados Unidos de América (EUA) tamén están a caer con forza na sesión de Wall Street. Western Alliance derrubouse máis de 18% e Comerica, 7%. SPDR S&P Regional Banking ETF (KRE), que agrupa a banca rexional, está marcando caídas de 5%.

Explicacións

PacWest sinalou esta quinta feira que “explorou a venta de activos estratéxicos” e que está “a revisar as opcións estratéxicas”.

Así, engadiu que “recentemente varios socios e inversores potenciais acercáronse e as conversas continúan. A compañía continuará a avaliar todas as opcións”.

As súas accións chegaron a marcar prezos de 3 dólares, e o seu máximo nas últimas 52 semanas atópase por riba de 34 dólares.

 

Comentarios