O xigante Credit Suisse, ao bordo da quebra. Que acontece agora?

En febreiro, Credit Suisse declarou perdas netas récord, de 7.300 millóns de francos (7.468 millóns de euros) polo ano anterior, as maiores desde a crise financeira global de 2008.
Sede financeira do banco Credit Suisse, en Zürich (Foto: Nós Diario).
photo_camera Sede financeira do banco Credit Suisse, en Zürich (Foto: Nós Diario).

O prezo das accións de Credit Suisse marcou esta cuarta feira un novo mínimo histórico ao caer 30%, enviando sinais alarmantes mentres que a atención internacional segue fixada no sector bancario tras a quebra de dous bancos estadounidenses a semana pasada (Signature e SVB).

Os negocios foron interrompidos varias veces debido a caídas rápidas das accións do segundo maior banco suízo, despois do UBS. Ademais, rexistráronse interrupcións automáticas na bolsa coas accións dalgúns bancos italianos, incluído UniCredit, Finecobank e Monte Dei Pachi, informa CNBC.

A caída ten lugar no medio das declaracións do SNB (Saudi National Bank), o maior banco comercial saudita e o maior accionista de Credit Suisse, nas cales afirmou que xa non pode proporcionar axuda financeira á entidade do país europeo.de emprego", remarcou.

Os titulares de Credit Suisse tamén rexistraron na terza feira caídas récord cando o banco publicou con atraso o seu último reporte anual en que revelou que se identificaron "deficiencias significativas" no seu control interno sobre a información financeira de 2021 e 2022.

Mentres tanto, o prezo das permutas de incumprimento crediticio do banco suízo, que reflicten o custo da cobertura contra a falta de pagamento da débeda polos bonos a cinco anos, marcou na segunda feira o máximo xamais rexistrado, ao saltar máis que os demais no índice de Bloomberg que rastrexa 125 empresas europeas de alto nivel.

En febreiro, Credit Suisse declarou perdas netas récord, de 7.300 millóns de francos (7.468 millóns de euros) polo ano anterior, as maiores desde a crise financeira global de 2008. Estas estatísticas debéronse á fuga dos fondos de clientes. Para 2023, o banco tamén espera perdas significativas.

A principios deste mes deuse a coñecer que Harris Associates, un dos maiores accionistas de Credit Suisse, se desfixo completamente da súa participación nos últimos meses. O paquete da compañía, un dos máis antigos accionistas do banco, era de 10 % en agosto pasado.

Hai un plan?

Falando nunha conferencia financeira en Riad esta cuarte feira, o presidente do banco, Axel Lehmann, descartou que os problemas actuais de Credit Suisse estean vinculados á quebra de Silicon Valley Bank, subliñou os "sólidos cocientes de capital e balance", e indicou que un amplo programa de restructuración, anunciado o outubro pasado, está en plena marcha. Con todo, rexeitou comentar sobre se o banco necesitará algún tipo de asistencia gobernamental.

O plan de reestruturación supón recadar 4.000 millóns de francos (4.100 millóns de euros aproximadamente) mediante unha emisión de dereitos e a venda de accións a investidores chave, reducir a súa banca de inversion, diminuír as operacións comerciais e recortar o persoal en 9.000 empregados até 2025.

A situación que estivo enfrontado o banco levou a que a axencia crediticia S&P Global Ratings rebaixase en novembro pasado a 'clasificación' de Credit Suisse a 'BBB-', un chanzo por encima do nivel 'lixo', citando os desafíos ao anunciado plan fronte ao "empeoramento e a volatilidade do ambiente económico e de mercado".

O recoñecido investidor e escritor estadounidense Robert Kiyosaki, quen predixo a quebra de Lehman Brothers en 2008, cre que o próximo banco en crebar será exactamente o Credit Suisse.

"O problema é o mercado de bonos [...] e creo que o próximo banco será o Credit Suisse, porque o mercado de bonos está a esborrallarse", afirmou o autor do libro Pai rico, pai pobre no programa 'Cavuto: Coast to Coast' de Fox Business.

O experto sinalou que o mercado de bonos é maior que o bolsista, o cal representa un grave problema.

Comentarios