A axuda pública á banca española supera os 61.000 millóns de euros

A axuda financeira pública que o Estado español destinou ás entidades financeiras para a reestruturación e “saneamento” do sector financeiro suma 61.336 millóns de euros, segundo informa o Banco de España. Unha factura na que non se inclúen os avais do Estado

Banco de España (Madrid)
photo_camera Banco de España (Madrid)

O Banco de Es0paña cifra en 61.366 millóns de euros as axudas financeiras públicas “en forma de instrumentos computábeis como capital” que se investiron nos diferentes procesos de reestruturación e saneamento das entidades financeiras desde 2009, o inicio da crise.

Esta cantidade, aliás, non inclúe os avais do Estado a emisións de entidades de crédito concedidos para facilitar o seu acceso aos mercados de capitais, como tampouco inclúe os apoios privados aos procesos de recapitalización

Bankia foi a que levou a maior porción do pastel, 22.400 millóns de euros. Novagalicia Banco levou case 9.000 millóns, mentres que Catalunya Banc recibiu máis de 12.000 millóns de euros

Comentarios