Avances en tempos de crise

Embora a crise, as reformas laborais, o medo ao despedimento, as coaccións e represalias, os recortes en dereitos laborais... houbo tamén “brotes verdes”. Exemplos de traballadoras e traballadores que foron quen de superar todo o que tiñan en contra e lograr avanzos nas súas demandas.

Agran recesión que comezou en 2008 facilitou a estamentos políticos e económicos o escenario perfecto para adoptar paquetes de medidas que, entre outros obxectivos, procuraban retirar dereitos laborais e capacidade negociadora á clase traballadora. As reformas laborais, tanto a do PSOE de 2011 como a do PP do ano seguinte, teñen entre os seus alicerces eses obxectivos. Todo isto, nun marco de aumento do desemprego, de medo á perda do posto de traballo, de incremento das coaccións e ameazas nas empresas... O panorama perfecto para lograr facer das persoas asalariadas unha “procesión dos caladiños”. Mais, malia todo iso, si que houbo “brotes verdes”, exemplos onde grazas á acción sindical e compromiso das traballadoras e traballadores superáronse impedimentos, limitacións impostas, medos... e lográronse deter retrocesos e conquistar avanzos. Pasou aquí, en Galiza, e en diferentes sectores e en empresas de moi diverso tipo e dimensión. 

mini4

A reportaxe completa, no Sermos Galiza nº229, xa na nosa loxa 

Comentarios