As autonomías teñen que devolver 13.000 millóns do 'céntimo sanitario' tras anulalo a UE

Galiza, Madrid ou Catalunya, entre outras, terán que retornar esta cantidade aos contribuíntes após a sentenza do Tribunal de Xustiza da UE.

Sergas
photo_camera sergas

Galiza é unha das comunidades que aplica o 'céntimo sanitario', un imposto indirecto que o Tribunal de Xustiza da Unión Europea vén de anular. Tamén Madrid ou Catalunya aplican este 'céntimo'. A decisión do Tribunal dá a razón así a unha peme catalá (Transportes Jordi Besora) que solicitaba a devolución de 45.600 euros que pagou entre 2005 e 2008 por este imposto. O Tribunal Superior de Xustiza de Catalunya pediu aos xuíces da UE que determinaran se o tributo era respectuoso coa normativa europea.

A decisión de Estrasburgo pode implicar que haxa que devolver por volta de 13.000 millóns de euros aos contribuíntes, unha cantidade que foi cobrada entre 2002 e 2011. A taxa é contraria á lexislación comunitaria.

O céntimo sanitario é un imposto indirecto que aplican la maioría das autonomías, comezando en Madrid con Alberto Ruiz-Gallardón (PP). Asturias e Galiza axiña se sumaron. A finais de 2013 o propio Feijóo anunciou novas subas nos hidrocarburos co 'céntimo sanitario'. 

Comentarios