As autónomas demandan incentivos para que aumente o consumo na Galiza

O colectivo Agtmar apunta á hostalaría, o comercio e os negocios máis vinculados ao turismo como os peor parados da crise sanitaria e económica. Contrapón a construción e os servizos sociosanitarios.
Xente gozando das terrazas en Ourense. (Foto: Rosa Veiga / Europa Press)
photo_camera Xente gozando das terrazas en Ourense. (Foto: Rosa Veiga / Europa Press)

A Asociación Galega de Traballadores Autónomos e do Mar (Agtmar) demanda ao Goberno, que o do Estado español quer o da Galiza, que estabelezcan algún tipo de medidas ou promocións para incentivar ao consumo naqueles sectores que se viron máis afectados por esta crise sanitaria e xa tamén económica.

Se onte un estudo indicaba que na campaña de rebaixas no país habería unha menor contratación que o ano pasado, esta terza feira o colectivo de traballadoras e traballadores por conta propia insiste na necesidade de apoio por parte dos negocios dedicados ao pequeno comercio e á hostalaría.

A agrupación destaca que o Réxime Especial de Traballadores Autónomos (RETA) perdeu en 2020 a 1.431 persoas afiliadas na Galiza, polo que agora son 207.856.

Esta situación fai que reflexionen sobre unha perda que  “é sen dúbida una das principais traxedias do mercado de traballo, que deixa por centos de autónomos da rexión cos seus negocios pechados”.

Aliás, incide nese sufrimento especial da hostalaría e do comercio, que vendo as restricións marcadas, os fechamentos paulatinos -en algúns subsectores aínda se manteñen- e as mobilizacións semella que fixo especialmente a bares, restaurantes e cafetarías.

Tamén alude aos negocios propiamente turísticos, pois apenas puideron recibir clientela. Para estes exixen unha bolsa de subvencións que lles permita seguir adiante nesta nova realidade e non implique a desaparición de centos de pequenas empresas na terra. 

Agtmar contrapón a evolución doutras actividades económicas no país nos últimos meses. Evolucionaron de maneira positiva “o transporte, a construción e as actividades socio sanitarias, que paliaron o déficit de actividades económicas que pecharon ao longo deste ano”.

De feito, o propio sector da construción comentaba a Nós Diario hai uns días que se vía capacitado para liderar a recuperación e que mesmo precisaba contratar man de obra.

Comentarios