Aumentan en 28% as empresas en quebra na Galiza

Transportes e almacenamento e comercio son os sectores máis afectados.

Peche empresas Galiza

As empresas en quebra na Galiza no terceiro trimestre sitúanse nun total de 55, o que supón un incremento de 28% fronte ao mesmo período de 2018 (había 43), segundo os datos que publica o Instituto Nacional de Estatística (INE).

En cambio, as familias galegas en quebra baixaron no terceiro trimestre até un total de catro (fronte ás 15 do mesmo período de 2018).

Así, hai 59 debedores concursados na Galiza (suma de empresas e familias), 1,7% máis que un ano antes (58). Está lonxe da media de aumento no Estado de concurso de acredores (suspensión de pagos e quebras) ante a imposibilidade de afrontar as súas débedas, xa que medra en 9,1%.

Das 55 empresas concursadas, 47 son SL, tres SL e cinco persoas físicas. Por sectores, transporte e almacenamento (6) e comercio por xunto (6) son as que teñen maior número en quebra.

Por número de empregados, as empresas en concurso na Galiza cun ou dous asalariados (19) son as maioritarias. Por volume económico, as de menos de 250.000 euros son as que máis teñen (23).

Comentarios