Audiencia Nacional xulga a partir do 18 de maio a cúpula de Novacaixagalicia (NCG)

O fiscal pide para Fernández Gayoso e catro ex-directivos da entidade nada da fusión das caixas galegas tres anos de cárcere polas pre-xubilacións de 19 millóns de euros.Unha cantidade acordada após pedir NCG a primeira axuda ao Estado (1.160 millóns de euros)

O banco dos acusados da Audiencia Nacional acollerá esta primavera a unha das persoas máis poderosas da Galiza da Autonomía, Julio Fernández Gayoso, presidente de Caixanova e despois da entidade xurdida da fusión con CaixaGalicia. Gayoso non estará so no banco. Acompañarano catro ex-directivos de Novacaixagalicia. A Audiencia Nacional vén de ordenar que se xulgue a estas persoas en relación ás prexubilacións millonarias, case 19 millóns de euros.

Con Gayoso comparecerán José Luis Pego (director xeral de Caixanova e NCG), García Paredes (director adxunto), Óscar Rodríguez e Gregorio Gorriarán (ex-directivos) e tamén o avogado Ricardo Pradas. O fiscal pide tres anos de prisión e que devolvan os cartos. A Fiscalía considera que Fernández Gayoso consentiu unha manobra fraudulenta para permitir que os citados ex-directivos se asignasen pre-xubilacións por 18,9 millóns de euros.

Enganando o Consello de Administración

Ismael Moreno, xuíz que instruíu este caso, considera que en agosto de 2010, após a fusión de Caixanova e Caixa Galicia e de que se pedise ao Estado unha primeira axuda (por valor de 1.160 millóns de euros), ex-directivos acordaron con Gayoso mellorar as condicións dos seus contratos de cara a preparar a saída da entidade financeira. O maxistrado considera que neste proceso tamén se “enganou” ao Consello de Administración.

Comentarios