A Asociación Galega de Viticultura analiza cos alcaldes da zona DO Monterrei solucións ás perdas polas xeadas

Viñedos de casal de Armán. Foto: Casal de Armán

A Asociación Galega de Viticultura (AGV-FRUGA) mantivo unha xuntanza con alcaldes dos concellos pertencentes á Denominación de Orixe Monterrei para valorar as perdas causadas polas xeadas no sector e valorar posíbeis medidas a adoptar. Á reunión asistiron os alcaldes Monterrei e Riós, a alcaldesa de Oímbra e o tenente alcalde de Verín. Un dos acordos acadados foi convocar unha asemblea para o vindeiro día 18 de maio, a partir das 7 da tarde no salón de actos da Casa da Cultura de Verín, á que están convocados tanto viticultores como viticultoras da comarca, así como todas as adegas da D.O. Monterrei.

AGV-FRUGA lembra que xa tomou parte nas asembleas realizadas tanto en Ferreira de Pantón, na Ribeira Sacra na súa vertente norte, como na do Ribeiro, onde se acordou convocar unha manifestación para o sábado,13 de maio, en Ribadavia.

Esta entidade indica que  algunhas das medidas propostas pola conselleira de Medio rural, “ benefician o sector bancario mais non os e as afectadas por estas xeadas”.

Comentarios