Así propón a Xunta que reabra a hostalaría

Será en catro niveis con aumento progresivo de capacidade, grupos e horarios.

EuropaPress_3354730_mujer_permanece_sentada_terraza_barrio_couto_mismo_dia_prohibido_reuniones
photo_camera (Foto: Europa Press)

A Xunta presentou hoxe, segunda feira, ao sector hostaleiro galego un plan de desconfinamento que propón unha reapertura progresiva dos establecementos en catro niveis -vinculados á situación epidemiolóxica de cada territorio nun momento dado- e que implica aumento de capacidades, horarios e grupos.

Así o anunciou o vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, nunha intervención posterior á reunión que mantivo con representantes do sector e cos conselleiros de Emprego, María Jesús Lorenzana, e Sanidade, Julio García Comesaña.

Neste encontro, a Xunta presentou o seu plan para a hostalaría, un documento que vinculará a situación epidemiolóxica de cada área coas capacidades, horarios e grupos permitidos nos establecementos. Os límites de cada unha das catro fases, con todo, fixaraos o comité clínico, que esta terza feira analizará o texto.

De forma global, proponse unha fase un, como a que viven agora os territorios con peche perimetral, sen actividade na hostalaría. A partir de aí, naquelas áreas que melloren, os establecementos poderán abrir inicialmente até as 17:00 horas, cunha capacidade restrinxida ao 30% en interiores e 50% en terrazas e, en principio, só para conviventes -nivel dous-.

A continuación, en canto os parámetros de cada área vaian mellorando, a capacidade incrementarase ao 50% en interiores e 75% en terrazas -nivel tres- e ao 100% -nivel catro-, mentres que os horarios ampliaranse até as 23:00 horas e os grupos estarán limitados a seis persoas non conviventes.

Comentarios