ECONOMÍA

As vítimas do timo das preferentes presentan unha demanda colectiva pola nulidade dos contratos

As vítimas do timo das preferentes presentan unha demanda colectiva pola nulidade dos contratos

A acción xudicial virá amparada polo comportamento que Caixa Galicia e Caixanova repetiron "masivamente" entre 2003 e 2009, facendo que entre as cen mil familias afectadas exista un patrón: eran [email protected] da entidade, confiaban no persoal das sucursais, eran [email protected] e non recibiron toda a información sobre o produto
photo_camera [Imaxe: Zapa Dacosta]


A Asociación galega de afectados polos produtos financeiros (Agaprofi) presentará unha demanda colectiva contra Novagalicia Banco en que reclamará a nulidade da venda de participacións preferentes. Segundo veñen de informar o presidente e o representante legal, Manuel Pérez e Xoán A. Pérez Lema, a demanda colectiva fará as veces de "paraugas" para [email protected] @s [email protected] que non entren na arbitraxe, e que serán [email protected] como "colectivo facilmente determinábel".

A acción xudicial ficará amparada polo feito de que as dúas caixas galegas, Caixa Galicia e Caixanova, comercializaron con este produto financeiro entre 2003 e 2009 repetindo "masivamente" o seu comportamento para se achegar aos e ás aforradoras. "Hai unha aproximación nos casos", subliñou o avogado, sinalando como riscos comúns que a practica totalidade [email protected] [email protected] eran clientas e clientes da entidade, tiñan confianza co persoal da oficina, ofrecéuselles unha información incompleta e "descoñecían como quedaría o produto en caso dunha liquidación da caixa".

Remarcou tamén que as preferentes foron aceptadas pola comisión do Mercado de valores, mais sempre pensando nunha tipoloxía de cliente maiorista, non no pequeno aforro. Xustamente é este o punto fulcral que centra a demanda, partindo de que "potencialmente" todos os contratos asinados son nulos ao existiren "defectos" na súa comercialización.

comentarios