As vendas do pequeno comercio na Galiza caeron un 13% en tan só un ano

Esa queda a nivel de Estado español foi do 10,6%. En febreiro o emprego no comercio minorista na Galiza desceu un 3,4%, o pior resultado no conxunto do Estado

Comercio por pechar en Compostela
photo_camera Comercio por pechar en Compostela

 

As vendas do comercio ao por menor caeron un 12,9% na Galiza entre febreiro de 2012 e ese mesmo mes do presente ano. Os datos do Instituto Nacional de Estatística sinalan mesmo que esa queda é do 15,7 por cento desde xaneiro do ano pasado. No conxunto do estado español ese descenso foi do 10,6%. Son xa 32 meses de descensos interanuais consecutivos.

A facturación do pequeno comercio desceu un 8 por cento en febreiro (en xaneiro foi do 10%). No que atinxe ao emprego, diminuiu un 2% no conxunto do Estado en febreiro, encadeando así 17 meses consecutivos de quedas interanuais.

Desde o comezo da crise fecharon en Galiza uns 17.000 comercios, cunha perda de 43.000 postos de traballo

O emprego no pequeno comercio caeu en case todos os territorios do Estado no mes de febreiro. E Galiza, cunha queda do 3,4%, foi o de maior baixada.

Desde o comezo da crise pecharon en Galiza uns 17.000 comercios, un 25% do total, supondo, asemade, a perda duns 43.000 postos de traballo, segundo cálculos de asociacións e entidades do propio sector. Liberalización de horarios e proliferación de grandes ou medianas superficies comerciais, suba do IVE, queda no consumo das familias,...a combinación deses e doutros factores están a deixar o pequeno comercio nunha situación "agónica"

Comentarios