As primeiras sentenzas polos despedimentos en Agader declaran nula a decisión do PP

CIG reclama a readmisión d@s 23 traballador@s que perderon o seu emprego en novembro do ano pasado para que non teñan que agardar pola sentenza que declarará nulo o despedimento
photo_camera [Imaxe: CIG]


As primeiras sentenzas xudicias que veñen de se facer públicas en relación aos 23 despedimentos que a Xunta do PP efectuou en novembro, na Axencia galega de desenvolvemento rural, Agader, dan a razón as centrais sindicalistas litigantes, CIG e CC OO, ao declaralos nulos. CIG reclama que @s traballador@s sexan readmitidas "para que non teñan que agardar a que se vaian coñecendo o resto das resolucións", tal e como informou o secretario de Organización en Compostela, Renato Núñez.

Así as cousas, cando se cumpriu un mes desde que Feijóo revalidara nas urnas a súa maioría absoluta, o titular do Goberno galego decidiu dar máis unha patada ao agro ao baleirar de actividade os centros comarcais vinculados ao desenvolvemento rural. No seu discurso de investidura o presidente do goberno galego falou dun pacto co BNG para a disolución destes centros, cando a consellaría do Medio Rural estaba en mans de Alfredo Suárez Canal. Porén, o mandatario confundiu centros con fundacións, e omitío que o persoal da xerencia destas últimas, designado durante a administración Fraga, foi recolocado a dedo no ente público polo PP.

Após coñecer estas primeiras sentenzas que botan por terra os despedimentos, o secretario xeral de Agader, Isaías Calvo, demitiu do seu posto. En palabras de Renato Núñez, deixalas sen traballo foi "o último paso logo dun ano de constantes discriminacións", sobre todo nos centros comarcais, "onde mesmo se deu de baixa a limpeza, a auga, a luz e a calefacción", impedindo desta maneira o normal desenvolvemento das tarefas que tiñan encomendadas. CIG anunciou xa que haberá mobilizacións para reclamar a readmisión do persoal despedido.

Comentarios