As perdas de NCG en 2012, perto de 8.000 millóns de euros, multiplican por 42 as do ano anterior

A entidade financeira pechou 2012 con números vermellos : 7.938 millóns de euros. En 2012, NCG pechou máis de 200 oficinas

 

Novacaixagalicia banco (NCG) pechou 2012 dunhas perdas de perto de oito mil millóns de euros, segundo a propia entidade financeira recoñece nun comunicado remitido esta terza feira á Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV).

Os números vermellos mesmo, antes da devolución de impostos, atinxían os 8.056 millóns de euros. Estes resultados supoñenmultiplicar por 42 as perdas que NCG tivo no exercicio anterior, 2011 (186 millóns de euros).

Desglose

As perdas por deterioro de activos financeiros rondaron os 6.021 millóns de euros.Cómpre lembrar que antidade financeira pechou 2012 cun cadro de persoal na matriz de 5.705 traballador@s e unha rede de 844 oficinas. Desde 2010 despedíuse a 2.011 persoas

Comentarios