A patronal quer eliminar pagas extra e os complementos por domingos e festivos

A proposta da patronal das grandes superficies para o convenio do sector dos vindeiros catro anos contempla eliminar pagas extra, conxelar ou mesmo reducir salarios e aumentar o número de horas a traballar
comercio

Co caída do consumo como excusa, a patronal Anged, que representa ás grandes superficies comerciais, vén de poñer sobre a mesa as súas propostas para a renovación do convenio do sector para os vindeiros anos. As achegas desta organización, que representa a empresas como El Corte Inglés, Carrefour, Ikea, Cortefiel, C&A, Alcampo, Leroy Merlin, Eroski, entre outras cadeas, resúmese en dous mandamentos: Traballar máis e cobrar menos.

As propostas de Anged afectan a uns 13.000 empregados e empregadas en Galiza (por volta de 230.000, no Estado). Propón a eliminación dunha paga extra (a recuperar cando se recupere a facturación) así coma dos complementos por domingos e festivos; alén da conxelación dos salarios de 2013 a 2016, podendo incluso reducirse entre un 2% e un 5%. De feito, ese recorte nos salarios podería ser do 20%, sumando o de todos eses anos.

As propostas de Anged afectan a uns 230.000 empregados e empregadas no conxunto do Estado

Recortes en dereitos laborais

Aliás, a proposta da patronal permite ás cadeas descolgarse automáticamente deste convenio no conjunto da empresa ou en cada centro de traballo.

Anged tamén propón incrementar de forma significativa as horas anuais de 1.770 a 1.826 (40 horas semanais, o máximo permitido). Ademáis,as grandes superficies tamén queren cambios na distribución desta xornada. Até 2012 esa distribución faise anualmente e informábase con tres meses de antelación. Coa proposta da patronal, farase mensalmente e informando con 10 días de antelación.

Comentarios