Arxentina apreixa un pesqueiro galego por suposta pesca ilegal

arxentina barco buque pesca oto da prefactura naval arxentina
photo_camera Imaxe: Prefactura naval arxentina

O buque ‘Playa Pesmar uno’, do grupo Pesquerias Marinenses, foi apreixado por Arxentina por suposta pesca ilegal na súa zona económica exclusiva (ZEE), nas proximidades de Comodoro Ribadavia. Arxentina mantén que estaba pescando sen autorización nas súas augas. Nas adegas leva 320toneladas de peixe procesado.

A bordo do buque, 34 tripulantes, a maioría deles galegos, incluído o capitán. Desde a cooperativa de armadores de Vigo, e en declaracións a Europa Press, indican que desde o barco afirman que estaban pescando en augas internacionais, non arxentinas. Estaría, segundo esta versión, a faenar na coñecida como Milla 201, próxima á ZEE arxentina

Non é a primeira vez que barcos galegos son apreixados baixo este tipo de acusacións. En 2013 xa lle pasou ao ‘Piscator’, con base en Bueu e que foi ceibado após o pagamento dunha multa. 

Comentarios