Arias achaca a crise na CEG a “formulacións do pasado” e “ambicións persoais dalgúns”

O presidente da patronal afirma nunha entrevista en ‘Galicia por Diante’ que as polémicas internas “non responden á verdadeira realidade” da Confederación de empresarios.

AntonArias

Antón Arias recoñece estar “sorprendido” polas situacións vividas no pouco máis dun mes que leva á fronte da Confederación de empresarios de Galiza (CEG). “Debo ser moi habilidoso xerando tanta polémica”, afirmou con retranca esta segunda feira durante a entreviosta no porgrama ‘Galicia por Diante’, da RG. Referíase aos ataques recibidos desde a patronal pontevedresa, que anunciou que marcharía temporalmente da CEG ao non se sentir representada por Arias, un camiño que nas vindeiras semanas podería seguir tamén a ourensá.

Para Arias, hai unhas polémicas que considera “artificiais” e que non “responden á realidade da CEG”, afirmando que a medida que vaia pasando o tempo irase normalizando a situación. Entende que o que se vive na actualidade responde, por unha banda, a “formulacións do pasado” e o temor de algúns a “perder cotas de poder” e, por outra, á “ambición persoal dalgúns”, en referencia a Jorge Cebreiros, presiente da CEP.

Arias incidiu en que se sinte lexitimado no posto de presidente por ter a maioría dos apoios e denuncian a “situación de bloqueo” que se quer facer por parte dos sectores opositores.

O presidente da patronal tamén, no transcurso da entrevista, reiterou posicionamentos que xa ten defendido nestas semanas que leva de mandato, como a necesidade de que “a mellora da economía” debe “chegar a todos”, apoiando menor temporalidade nos contratos e melloras salariais. 

Comentarios