Aprobada a venda directa da produción das pequenas explotacións

A Axencia Estatal de Seguridade Alimentaria e Nutrición (Aesan) vén de anunciar a través do Boletín Oficial do estado (BOE) a posibilidade de venda directa de explotacións pequenas tradicionais.
Explotación gandeira. (Foto: Nós Diario)
photo_camera Explotación gandeira. (Foto: Nós Diario)

Segundo unha nova norma, as pequenas explotacións galegas poderán vender directamente os seus propios produtos nun radio de menos de 100 km.

A Axencia Estatal de Seguridade Alimentaria e Nutrición (Aesan) vén de anunciar que coa publicación no Boletín Oficial do Estado (BOE) remata un longo proceso de achegamento ás normas que permitían esta posibilidade para os Estados membros da Unión Europea.

A nova lexislación permite que estabelecementos alimentarios pequenos, con pouca produción ou que elaboren produtos tradicionais poidan alcanzar os obxectivos dos regulamentos de hixiene dunha maneira máis sinxela.

A intención é promover o desenvolvemento de sistemas agroalimentarios sostíbeis de pequenas explotacións familiares e dos pequenos produtores agroalimentarios, ademais de facilitar o consumo de proximidade e as canles curtas de comercialización. 

Novidades na nova lexislación

Entre as novidades estabelécese unha serie de requisitos, por exemplo, para o leite cru destinado á venda directa ao consumidor, adicionais aos dos regulamentos do paquete de hixiene. 

Agora, como son a exixencia de que o estabelecemento estea autorizado e inscrito no Rexistro Xeral de Empresas Alimentarias e Alimentos, o cumprimento duns criterios microbiolóxicos e a presentación para a venda ao consumidor envasada.

Ademais, pídese unha vida útil máxima de 72 horas tras muxir, determinadas mencións obrigatorias no etiquetado informando da necesidade de sometela a tratamento térmico e de conservala entre 1 e 4˚C e certas limitacións do seu emprego como materia prima.

Comentarios