Após lograr que Lidl e Eroski pactasen, os gandeiros intensifican as mobilizacións sobre Carrefour

Por volta de 300 tractores manteñen o bloqueo sobre o Carrefour da Coruña, que xa acumula 12 días. Tamén a superficie desta empresa en Lugo é albo dos protestos.

tractor-carrefour-lugo

As mobilizacións e protestos que os gandeiros galegos retomaron o pasado día 10 para exixir que repercutise nos produtores -tal e como estipulaba o acordo acadado en setembro- a suba do leite ao consumidor que fixeran outros elos da cadea, segue avante. Os gandeiros non están dispostos a recuar e nestes días xa lograron “vitorias”: que Eroski e Lidl aceptasen as demandas dos produtores. Estes seguen vixiantes e afirman que de non cumprir co acordado, os tractores volverían bloquear estas cadeas. A Plataforma en defensa do sector lácteo galego é a entidade que apoia as mobilizacións.

Mais agora no albo quen está é Carrefour, coa que esta segunda feira teñen unha xuntanza. Máis de 300 tractores bloquean o Carrefour da Coruña, nun protesto que acumula xa doce días de duración. Ademáis, tamén se procedeu a bloquear o Carrefour de Lugo (Anxo Carro). A intención é que a multinacional gala acepte o que xa asumiron Lidl e Eroski, que a suba do leite ten que repercutir no gandeiro.

Non hai intención nos produtores en cesar nas mobilizacións. Céntranse agora no Carrefour mais lembran que aínda hai áreas que seguen sen asumir os acordos. Dia, Gadis, Alcampo...

Imaxe: Revista afriga

Comentarios