A AP-9 será unha das tres únicas autoestradas que suba tarifas en 2021 no Estado

Un incremento de case 1%.

En 2021, 70% do total de accidentes mortais tivo como protagonistas vehículos de máis de dez anos (Foto: Punto GA / M. Riopa)
photo_camera Autoestrada AP-9 ao seu paso por Compostela (Foto: Punto GA / M. Riopa)

O Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana rebaixará con carácter xeral un 0,11% as actuais tarifas das autoestradas dependentes do Estado a partir do 1 de xaneiro de 2021, segundo informou nun comunicado.

O Ministerio anunciou que, excepcionalmente, tres autoestradas serán obxecto dunha suba de tarifas, dado que ás reducións aplicadas hai que engadir incrementos graduais previstos anteriormente para financiar custos relacionados con excesos de valoración de expropiacións, execución de obras ou financiamento de bonificacións de peaxe, así como para compensar a non aplicación de incrementos de tarifas inicialmente previstas.

Estas autoestradas serán a AP-7 Alacante-Cartaxena, cun incremento do 0,89%; a autoestrada AP-9, cunha subida do 0,92%; e, finalmente, na autoestrada AP-6, Villalba- Adanero, cuxas tarifas variarán un 0,74%.

A partir do 1 de xaneiro as actuais tarifas das autoestradas dependentes do Estado aplicaráselles unha rebaixa do 0,11% con carácter xeral, aínda que, pola evolución dos tráficos respecto aos previstos, a redución será de 0,08% nas autoestradas AP-66  Campomanes-León, AP-68 Bilbo-Zaragoza; AP-2 Zaragoza-Mediterráneo e AP-7 A  Jonquera-Tarragona.

Autoestradas do Atlántico SA (Audasa), a concesionaria da AP-9, presentou hai uns meses as contas correspondentes ao exercicio 2019. Non lle foi mal, xa que no período elevou o seu beneficio até os 42,3 millóns, en parte pola subida de 3,5% do prezo das peaxes, polas que ingresou 153,4 millóns de euros o pasado ano. 

Comentarios