Antidisturbios protexen o PP de Ponteareas perante as reclamacións de 200 estafad@s polas preferentes

O goberno local suspendeu o pleno e acusou o BNG de ter “infiltrados” entre os afectados polas preferentes

 

Preferentes

Máis un pleno municipal suspendido. Nesta ocasión, o de Ponteareas. O sexto nas últimas 48 horas no sur de Galiza. O motivo repítese: Veciñ@s estafad@s no calote das preferentes levan a súa protesta aos plenos municipais dos seus concellos gobernados polo PP, partido ao que lembran a súa complicidade e responsabilidade nesta estafa.

Nesta ocasión foi en Ponteareas, de onde o goberno local, do PP, tivo que saír escoltado por axentes da Garda Civil e da Policía Local. O alcalde, González Solla, non quixo que falase ao principio da sesión o voceiro d@s estafad@s. A decisión derivou en apupos ao rexedor, que optou por suspender a sesión. A oposición criticou a actitude do alcalde popular.

Solla mesmo acusou ao BNG de ter “infiltrados” entre os e as estafadas, insinuando que as protestas e mobilizacións destes días serían responsabilidade da frente nacionalista

“Que se preparen”

Entre as plataformas de afectad@s polo calote lévanse días alertando dunha situación que cualifican de “moi grave”, pois, lembran, “estamos a falar de que nos rouban a milleiros de galegos o 43% do que tiñamos aforrado”. Adiantan que “non imos baixar os brazos até que nos devolvan os nosos cartos” e apuntan ao PP como “cómplice necesario do que está a acontecer”.

Comentarios