Antidisturbios cargan ante a sede da Xunta contra ducias de mariñeiros

Os manifestantes protestaban contra o Plan do Polbo da Xunta, por entender que prexudicaba ao sector. A resultadas das cargas, varios manifestantes resultaron feridos, entre eles un adolescente de 15 anos

Centos de mariñeiros, procedentes de diferentes portos de Galiza, concentráronse esta segunda feira ante a sede da Xunta de Galiza, en Compostela, en protesta e rexeitamento do plan do polbo elaborado pola Consellería de Mar. Un plan que divide ao sector. Unha parte do mesmo entende que este plan responde a intereses e necesidades propias das zonas máis ao sur do país, e que non é aplicábel ao resto, pois vai ocasionar graves prexuízos.

Nun momento desta protesta, e após algúns dos manifestantes guindar contra o valado ovos e pedras, os antidisturbios procederon a cargar. Unha actuación que os manifestantes cualificaron de “bestia” e “fascista” e que se saldou cun varios mariñeiros feridos. Entre eles, mesmo un adolescente de 15 anos

A carga dos antidisturbios foi respondida polos mariñeiros co lanzamento de petardos e diversos obxectos

Motivos

No cerne da protesta, o rexeitamento dunha parte importante do sector do mar ao plan de xestión do polbo deseñado pola Xunta. Un rexeitamento que seveu escenificando nestes días en actos como a protesta de centos de persoas en Ribeira contra o plan. Unha oposición que contou mesmo co apoio do alcalde desta cidade, do PP.

Rexeitan as novas medidas adoptadas pola Xunta relativas á cantidade de nasas por tripulante e embarcación, ademais do etiquetado de cada unha das nasas, fan que dita actividade non sexa para nada rendible. Sosteñen que este plan é o desexado para Rías com o Pontevedra ou Vigomáis que non é acaído para o resto.


 

Comentarios