O ‘ano da recuperación’ anunciado polo Goberno comeza con subas en luz, peaxes, combustíbeis e IVE

Goberno central, Xunta e PP insisten en que o 2014 é o ano da recuperación económica. Mais xaneiro comeza con alzas en prezos e taxas e con conxelación salarial.

luz
photo_camera A luz é desde esta semana un 2,3% máis cara

Núñez Feijóo dicía na súa mensaxe de Fin de Ano que 2014 ía ser o ano da recuperación e que os galegos íamos percibilo coa “confianza do deber cumprido”. Un anuncio a sumar á ringleira de frases de líderes do PP e do goberno central que desde o pasado verán anuncian que este 2014 vai ser o exercicio da recuperación económica.

A luz sobe agora un 2,3%. Colectivos de defensa do consumidor sospeitan que haberá máis incrementos durante este ano

Mais este mes de xaneiro semella non pertencer a 2014. Sobe a luz, os combustíbeis, o IVE de produtos como gafas e audífonos, as portaxens, o transporte público... E a decisión do goberno español de conxelar o salario mínimo para este ano apunta a por onde vai ir o camiño das retribucións a asalariad@s.

Ao peto do cidadán

Os galegos inician o ano co encarecemento da electricidade, fixado finalmente no 2,3%. A suba da luz determinouse a finais deste ano nun real decreto lei. Mais desde os consumidores xa temen (como aconteceu o ano pasado, 2013) que a longo do presente ano se roduzan novos aumentos no prezo.

Neste 2014 aplicarase a suba do imposto sobre hidrocarburos aprobado polo Goberno Feijóo

Tamén hai incremento nas tarifas das peaxes naquelas autopistas da Administración Xeral do Estado, como a Autopista do Atlántico (AP-9) Subirá unha media do 1,85%.

E neste 2014 aplicarase a suba do imposto sobre hidrocarburos aprobado polo Goberno Feijóo e incluído nos Orzamentos, o que supoñerá un aumento de 3,6 céntimos no gasóleo e de 2,4 céntimos en gasolina.

O IVE pasa de ser reducido ao seu tipo máximo en produtos como gafas ou audífonos

Segundo recolle Economía Digital, Isto implica que o gasóleo pasará en Galicza dos 12 euros por cada 1.000 litros (ou 1,2 céntimos por cada litro) actuais a 48 euros por cada 1.000 litros (ou 4,8 céntimos por litro). Pola súa banda, a gasolina subirá desde os 2,4 céntimos que se aplican neste momento a 4,8 céntimos.

Sogama

A partir de marzo, e segundo a intención do Goberno Feijóo, aplicarase a suba do canon de Sogama (por volta dun 33% de incremento). Un tema este que xerou unha verdadeira rebelión municipal que obrigou á Xunta a adiar a súa aplicación, prevista para este mes.

Enesta listaxe de quebracabezas para as economías familiares hai que engadir subas como a do autobús, tren,... E todo isto nun marco de conxelación salarial.

Comentarios