Os ángulos mortos de Inditex

Xornadas maratonianas, precariedade, salarios decrecentes e estrés, marcan as condicións laborais dos traballadores das empresas que contrata a multinacional de Amancio Ortega na montaxe das tendas de Zara no exterior.

photo_camera Tenda de Zana en China

Inditex ten hoxe un volume de negocio de 15.946 millóns de euros --un 16% máis que en 2011-- beneficios despois de impostos por valor de 2.361 millóns --un 22% máis--, un plantel que xa supera as 120.000 persoas e unha arañeira de máis de 6.000 tendas nos cinco continentes que reflicte cada vez unha maior presenza en todo o planeta. 

Neste senso, o imperio do téxtil é hoxe unha das compañías máis rendíbeis de Europa, a que máis medra no exterior e a que máis réditos reporta aos seus accionistas . E é que a multinacional cuestiona un concepto, o da crise, que non atinxiu en absoluto as grandes fortunas que coma Inditex desenvolven prácticas moi concretas nas relacións laborais que contribúen a incrementar os seus gaños en detrimento dos dereitos da clase traballadora. 

No número 65 do Sermos Galiza contámosche cales son as condicións de traballo para @s empregad@s de Inditex no estranxeiro.

Comentarios