Audiencia Nacional ordena aos imputados no 'caso Alcoa' devolver 13 millóns de euros ás plantas da Coruña e Avilés

A xuíza da Audiencia Nacional tamén trata de dilucidar se os imputados, os últimos propietarios das plantas de produción de aluminio, baleiraron a caixa mediante a adquisición de bitcoins.
Traballadores de Alu Ibérica nunha concentración para pedir actuar sobre a factoría. (Foto: Comité de Empresa).
photo_camera Traballadores de Alu Ibérica nunha concentración para pedir actuar sobre a factoría, nunha imaxe de arquivo. (Foto: Comité de Empresa).

A xuíza da Audiencia Nacional María Tardón ordenou aos directivos de Grupo Industrial Riesgo imputados no 'caso Alcoa' a devolver 13 millóns de euros ás plantas da Coruña e Avilés, unha cantidade prestada polas propias plantas cando o grupo se fixo co control dos edificios após comprarllos ao fondo de investimento suízo Parter Group.

Segundo adiantou 'El Periódico de España' e confirmaron a Europa Press fontes xurídicas, a titular do Xulgado Central de Instrución Número 3 facilitou aos imputados un número de conta para devolver o importe, cuxa finalidade debe ser garantir a existencia de fondos para a actividade das plantas.

As mesmas fontes sinalaron que, nunha vista, algúns dos imputados ofrecerían devolver 10 dos 13 millóns de euros en pouco tempo coa condición de que Grupo Industrial Riesgo continuase mantendo a administración das dúas plantas dedicadas á produción de aluminio.

A xuíza da Audiencia Nacional tamén trata de dilucidar se os imputados, os últimos propietarios das plantas de produción de aluminio, baleiraron a caixa mediante a adquisición de bitcoins

Eses 13 millóns teñen a súa orixe na adquisición de senllas plantas por parte de Grupo Industrial Resgo a Parter Group. Ao non contar con financiamento para afrontar a operación, as plantas prestaron ese importe, o mesmo que a xuíza reclama agora.

Estas pescudas teñen lugar dentro da causa investigada na Audiencia Nacional despois de que Tardón admitise o pasado mes de decembro a querela presentada pola Confederación de Cadros Profesionais contra un total de dez persoas físicas e nove xurídicas en relación co proceso de venda das plantas da empresa Alcoa.

O pasado mes de marzo unha operación na que ser rexistraron unha decena de inmóbeis en relación á presunta despatrimonialización fraudulenta das plantas saldouse coa detención de varios executivos do grupo. Entre eles o administrador único do Grupo Industrial Riesgo, Diego Peris, un executivo administrador único de System Capital -mercantil que administraba Alu Ibérica AVL SL (a planta de Avilés)-, o presidente do grupo, Víctor Rubén Domenech e unha socia de System Cap.

Doutra banda, a xuíza da Audiencia Nacional tamén trata de dilucidar se os imputados, os últimos propietarios das plantas de produción de aluminio, baleiraron a caixa mediante a adquisición de bitcoins despois de que os investigadores localizasen transaccións da moeda virtual en varias contas bancarias.

Comentarios