Amancio Otega é desde hoxe 813 millóns de euros máis rico

É a cantidade que ingresa por dividendos de Inditex, e esa cifra é só a metade do que cobrará este ano. En total, Inditex paga este ano aos seus accionistas en concepto de dividendo máis de 2.742 millóns de euros.

 

Amancio Ortega

Amancio Ortega ingresa esta quinta feira, 2 de maio, un total de 813 millóns de euros pola primeira retribución do ano que Inditex paga aos seus accionistas. Eses 813 millóns son a metade do que vai recibir Ortega neste ano en dividendos do xigante do téxtil. Son, logo, 1.626 millóns de euros os que cobra Ortega, que son 230 millóns de euros máis que os que recibiu en 2018 por este mesmo concepto. O fundador e primeiro accionista de Inditex ten unha participación de 59% na compañía, o que equival a 1.848 millóns de accións e continúa aumentando a súa fortuna.

Pola súa banda, Sandra Ortega vai recibir 138 millóns de euros en dividendos. A filla do fundador da firma ten 5,05% das accións.  En total, Inditex paga este ano aos seus accionistas en concepto de dividendo máis de 2.742 millóns de euros. Son 400 millóns de euros máis que os que pagou en 2018.

O consello de administración formulará á xunta de accionistas unha nova política de dividendos:o ordinario suporá un 'pay out' de 60% do beneficio mentres que actualmente é 50%. Ademais, distribuirase como dividendo extraordinario 1 euro por acción a percibir entre os anos 2019, 2020, e 2021.

Comentarios