Amancio Ortega gaña 813 millóns en 2013 por Inditex,100 millóns máis que os orzamentos de Traballo e Benestar

O empresario cobrará esta segunda feira 406 millóns pola última retribución do exercicio que abona a empresa os seus accionistas. Os orzamentos do departamento de Beatriz Mato para 2014 son de 720 millóns de euros.

Amancio Ortega
photo_camera Amancio Ortega

Amancio Ortega ingresará este ano 813 millóns de euros en concepto de dividendos de Inditex, a compañía que fundou. Unha media por riba dos dous millóns de euros diarios. Nesta segunda feira, o empresario vai cobrar 406 millóns de euros pola última retribución do exercicio 2013 que entrega Inditex os seus accionistas. Estes 813 millóns de euros son case 100 millóns máis que os orzamentos que ten a Consellería de Traballo e Benestar para 2014, por volta de 720 millóns de euros (14 millóns menos que en 2013).

Ortega recibe estes 800 millóns a través das sociedades Gartler e Partler, segundo sinala Europa Press, median te as que posúe o 59,2% do accionariado de Inditex. Esta empresa vai repartir neste 2013 entre as e os seus accionistas máis de 1.371 millóns de euros a conta dos resultados do ano pasado. Isto supón 2,20 euros por título (un 22% máis que no exercicio anterior).

Comentarios